domingo, 9 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O PREMIO CONCEDIDO




Aquí estamos celebrando o premio que nos concederon polo traballo desenvolvido.  O alumnado  (faltaba Xian que xa non está no noso centro), os titores, Pedro e Ana, e a coordinadora, Begoña.

Todos levamos un diploma para casa, para ter un recordo do traballo e do premio!!!

Non nos esquecemos da colaboración de todos os profesores: Xaquín, Seila, Lúa e Bea  (que están noutros centros), Xosé Ramón...

E tamén lembrarnos de Belén Guimeráns, Eduardo Otero e Pepe Martínez, quenes nos deron a coñecer as danzas de Darbo, O Hío e Aldán respectivamente.  A Belén, especialmente, pola súa paciencia en ensinarnos a bailar a danza, a confeccionar os gorros,...  Sen eles non teríamos hoxe este premio.  GRACIAS.

Neste enlace podedes ver a noticia publicada hoxe no Faro de Vigo.

martes, 4 de noviembre de 2014

O NOSO TRABALLO FOI PREMIADO!!!

NORABOA A TODOS/AS

O traballo que fixemos o curso pasado, 2013-14, sobre as Danzas Tradicionais de Cangas, foi premiado pola Consellería de Educación, como recoñecemento aos traballos por proxectos baixo a coordinación da Biblioteca Escolar.

O noso traballo foi premiado no apartado 2.c: Proxectos realizados na materia de 1º de ESO "Proxecto Interdisciplinar".

A cuantía do premio é de 1000€ para a Biblioteca Escolar.

O día do Magosto faremos un acto simbólico de entrega do premio para poder celebralo todos xuntos.

Isto nos anima a seguir traballando!!!










martes, 9 de septiembre de 2014

DANZA DE DARBO 2014

Aquí vos deixo unhas fotos da execución da danza de Darbo, onte pola tarde no Adro da Igrexa de Santa María.
Podedes ver os gorros, a vestimenta, os complementos...


domingo, 7 de septiembre de 2014

MAÑÁ, 8 DE SETEMBRO, PODEMOS VER BAILAR A DANZA DE DARBO


Como ven sabemos, porque o estivemos traballando durante todo o curso, o 8 de setembro celébrase a Romaría de Darbo.

Aínda que as festas xa se iniciaron onte, sábado 6 de setembro, como podedes ver no programaserá mañá, 8 de setembro, día grande das festas, cando se bailará a Danza de Darbo.  Será, coma sempre, en dous momentos do día:

.- Ás 14:00 h., despois da misa na honra da patrona de Darbo.
.- Ás 7 da tarde.

Coma sempre, a Danza e Contradanza, bailaranse no adro da igrexa de Santa María de Darbo.  Belén, a guía da danza, os 10 galáns e as 5 damas, xa terán todo a punto para este gran día, para o que levan ensaiando durante todo o ano. 

É unha boa ocasión para ver en vivo, o que tantas veces vimos nos vídeos.  Así que mañá, pola tarde ou pola mañá, podemos achegarnos ao adro de Darbo.

sábado, 16 de agosto de 2014

HOXE BAILASE A DANZA TRADICIONAL DE O HÍO NA HONRA DE SAN ROQUE

Os que poidades achegarvos ao adro da igrexa de San Andrés de O Hío, alí onde está o Cruceiro, hoxe despois da misa das 12:30 bailarase a danza tradicional de San Roque.  E despois da procesión a contradanza.
È unha ocasión para ver en vivo o que estivemos traballando durante o curso e darlle un saúdo a Eduardo Otero, guía da danza.


miércoles, 25 de junio de 2014

AGASALLANDO A BELÉN GUIMERÁNS

E xa como remate da danza, quixemos agasallar a Belén Guimeráns para agradecerlle a súa colaboración en todo este proceso que iniciamos no mes de outubro.

Escollimos o libro, Terras e Mares do Morrazo, e asinouno todo o alumnado de 1º, para que lle quede unha mostra do noso afecto.

Cando rematou a danza, as delegadas de 1ºA, Antía e 1ºB, Uxía, subiron ao escenario a entregarllo a Belén.  Estaban acompañadas polos seus titores, Ana e Pedro.  

Belén agradeceu o agasallo dicindo que estaba moi emocionada porque quedaba asegurada a continuidade da danza, porque xa había relevo xeracional.

MOITOS BICOS E MOITAS GRACIAS, Belén.


FESTIVAL FIN DE CURSO

POR FIN, CHEGOU O DÍA PARA O QUE TANTO TRABALLAMOS!!

O pasado venres, 20 de xuño, o alumnado de 1º ESO bailou a danza de Darbo no Festival de Fin de Curso 2013-14.  Fíxerono en dous grupos, 1ºA e 1ºB, co alumnado que voluntariamente quixo facelo.  Moitas rapazas tiveron que bailar no lugar dos homes.  

Foron guiados polo profesor de Educación Física e titor de 1ºB, Pedro.  Observados coidadosamente por Belén Guimeráns que foi convidada para a ocasión.

Conseguiron bailar cos gorros que elaboraran na aula de Educación Plástica e Visual.  Pensamos que non o conseguirían, pero velaí están as probas.